V BTT Ruta do Viño Valdeorras

V BTT Ruta do Viño Valdeorras entre viñedos

A V BTT Ruta do Viño Valdeorras celebrarase o próximo 19 de outubro cunha marcha ciclista non competitiva que combina deporte, paisaxe e enoturismo polos municipios da comarca.

Para levar a cabo esta iniciativa contamos coa organización de Rutas Xanzá, co patrocinio da Axencia de Turismo, da Deputación de Ourense e do Concello de Rubiá.

Este ano, como novidade, haberá dous percorridos: un longo de 43,4 km e outro curto de 37 km. Ambos transcorren integramente polo concello de Rubiá, sendo a hora e punto de saída ás 9:30 h desde a Praza da Baicela.

Durante a ruta disporanse tres puntos de avituallamento: dous ao longo do percorrido e un final, onde se poderá desfrutar de delicias da gastronomía galega como empanada, bollos preñados e bica.

Aínda que se trata dunha proba NON competitiva, entregarase aos participantes un chip para controlar o percorrido. A recollida de dorsais realizarase na oficina de AEVA, Calle España, nº 1, o sábado 18 de outubro de 2025 de 16:00 a 19:00 h e o día da proba na propia saída, ubicada na Praza da Baicela, de 08:00 a 09:00 h.

As inscricións abren o 18/06/2025 e pechan o 14/10/2025. O prezo xeral é de 29 €, pero ATENCIÓN: hai un prezo promocional de 20 € para as primeiras 100 inscricións.

  • Prezo PROMOCIONAL: 20 €
  • Todos os participantes: 29 €

O custo do dorsal inclúe todos os seguros, así como dous agasallos para os participantes: unha camiseta técnica conmemorativa e unha botella de Godello das adegas asociadas á Ruta do Viño Valdeorras, que se entregará na mochila do corredor.

Actividade para acompañantes: paseo entre viñedos e cata de viños

Unha das novidades desta edición é a organización dunha actividade complementaria e gratuita para os acompañantes. Mentres os ciclistas percorren a ruta, os acompañantes poderán desfrutar dun paseo guiado entre viñedos, seguido dunha cata de catro viños. Esta actividade está limitada a 20 persoas e require inscrición previa a través do correo info@rutadelvinovaldeorras.com

¡Non perdas a túa cita co enoturismo e o deporte, desfrutando dun percorrido entre adegas e viñedos o 19 de OUTUBRO 🍇!

¡Hola! Soy el chatbot de la Ruta del Vino de Valdeorras ¿Puedo ayudarte?