Descobre a maxia de Valdeorras a través dun maridaxe único. Catro viños seleccionados fusionanse con catro harmonías gastronómicas inspiradas na tradición invernal galega. Un percorrido polos sabores da terra, a identidade dos seus produtos e a calidez da súa cociña.
Déixate envolver pola riqueza dos viños de Valdeorras nunha experiencia gastronómica na que cada copa atopa o seu compañeiro perfecto na cociña tradicional da rexión. Nesta cata-maridaxe exclusiva, dirixida pola enóloga Cecilia Fernández e o cociñeiro Oliver Fernández, degustarás:
Viños de Valdeorras, con toda a expresión do seu territorio.
Harmonías gastronómicas, con receitas icónicas:
Empanada follada de marabillas, o sabor da tradición en cada bocado.
Pementos de piquillo recheos de botelo, un prato con carácter.
Brioche de codillo con grelos, a fusión perfecta entre esponxosidade e sabor.
Torta de roxóns, o toque doce e crocante para pechar a experiencia.
Mergúllate nun viaxe de contrastes, matices e texturas, onde a identidade de Valdeorras cobra vida en cada maridaxe.
📅 Prazas limitadas – Reserva xa o teu lugar e vive esta experiencia única.
📍 Lugar: Hotel Calzada (Vilamartín de Valdeorras), as 12:30 h.
🖱 AFORO COMPLETO
💰 Prezo: 15 € por persoa
Porque Valdeorras non só se bebe, tamén se goza.