CATAS DE OUTONO

CATAS DE OUTONO

Este outono, propoñemosvos unha experiencia para descubrir e desfrutar da riqueza e diversidade dos viños da nosa denominación de orixe a través de dúas catas moi especiais que terán lugar no Esconditte Inglés na Rúa.

Cada sesión ofrecerá a oportunidade de degustar unha selección de tres viños acompañados de tres elaboracións gastronómicas especiais con produtos de outono, nunha proposta de maridaxe pensada para gozar dos sabores propios desta época do ano.

Un dos aspectos máis interesantes destas catas será a procedencia dos viños: seleccionaranse referencias de diferentes adegas situadas en distintos concellos da D.O. Valdeorras. Deste xeito, as persoas asistentes poderán achegarse á diversidade vitivinícola do territorio, descubrir os matices que achega cada zona e percibir as diferenzas entre os viños en función da súa orixe, das características do terreo e da personalidade de cada adega.

As sesións estarán dirixidas pola enóloga Cecilia Fernández, que acompañará as persoas participantes durante a degustación, achegando explicacións e claves para coñecer mellor cada viño, as súas características e a súa relación coa gastronomía.

 

Observacións

Unha oportunidade para descubrir Valdeorras a través dos seus viños, coñecer a diversidade das súas adegas e gozar dunha experiencia enogastronómica nun ambiente próximo e distendido. As prazas son limitadas.

Ficha de información

  • Datas: 12 e 26 de novembro.
  • Hora: 20:00 h.
  • Lugar: Esconditte Inglés, A Rúa.
  • Prezo: 15 € por persoa e cata.
  • Dirixe: Cecilia Fernández, enóloga.