O próximo 27 de setembro organizamos unha saída de campo baixo o título Entre Viñas, unha experiencia enoturística dun día de duración que permitirá coñecer a elaboración dos viños de parcela.
A actividade estará dirixida por Jorge Mazaira e contará cun percorrido por viñedos da Denominación de Orixe Valdeorras. O itinerario inclúe visitas a catro parcelas, onde os participantes poderán catar in situ os viños elaborados con cada viñedo:
- Parcela da adega Godeval (O Barco), con cata do viño Revival.
- Parcela da adega Santa Marta (Vilamartín), con cata do viño Fardelas.
- Parcela da adega Terriña (Petín), con cata do viño Merezao.
- Parcela da adega A Coroa (A Rúa), con cata do viño Ladeira Vella.
O programa complétase cun almuerzo maridado no Hotel Calzada, no que se poderán degustar diferentes viños das adegas adheridas á Ruta do Viño Valdeorras.
A xornada desenvolverase entre as 11:00 e as 19:30 horas aproximadamente, con saídas en minibús desde as estacións de autobuses de A Rúa e O Barco. O prezo de inscrición é de 50 euros, que inclúe transporte, catas e comida
No caso de inclemencias meteorolóxicas, a organización preveu unha alternativa na que se substitúe a visita aos viñedos por un percorrido por algunha adega, onde se explicará a vinificación diferenciada de cada parcela e se poderán degustar mostos ou viños en fermentación.
Con esta proposta, a Ruta do Viño Valdeorras reforza a súa aposta por dar a coñecer o carácter único dos seus viños e a riqueza vitivinícola do territorio, ofrecendo a visitantes e amantes do enoturismo unha experiencia auténtica e formativa en contacto directo cos viñedos.
Aforo completo. Agradecemos o teu interese e convidámoste a estar pendente de futuras edicións.