Percorre Valdeorras: dúas rutas para gozar do viño, a historia e a natureza

Percorre Valdeorras – rutas culturais e enoturísticas

Percorre Valdeorras é unha iniciativa da Ruta do Viño de Valdeorras que invita a descubrir a comarca a través de dúas rutas guiadas que combinan viño, historia e natureza durante o outono.

Durante os meses de outubro e novembro de 2025 levaranse a cabo dúas rutas culturais e enoturísticas na comarca de Valdeorras. Ambas xornadas contarán con servizo de autobús, con recollida nas estacións de O Barco e A Rúa. As prazas son limitadas.

🔸 Ruta 01 – 11 de outubro de 2025
Un percorrido que levará aos participantes polo Camiño de Inverno en Pumares, polas rúas históricas de Sobradelo e Pontenova, o encanto de *Éntoma coa Adega Roandi, unha cata nunha cova en Vilamartín e a maxestuosa torre medieval do Castro.

🔸 Ruta 02 – 8 de novembro de 2025
Un viaxe máxico para coñecer o Santuario das Ermitas, o castelo de O Bolo, a monumental Ponte da Cigarrosa en Petín, unha parada na Adega Quinta da Peza en Fontei e os lagares de Larouco.

Horario: de 10:30 a 19:00 h
Inclúe: aperitivos na Capela Granja-Escola (O Bolo), na Rectoral de Seadur e no restaurante Paladium, así como catas de viño
Prezo: 30 € por ruta

Todas as visitas serán guiadas por un guía oficial de Galicia, especialista na historia de Valdeorras e na súa tradición vitivinícola.

¡Hola! Soy el chatbot de la Ruta del Vino de Valdeorras ¿Puedo ayudarte?