Descubre a Ruta do Viño de Valdeorras
vive tradición, cultura y sabor en cada copa
A Ruta do Viño de Valdeorras
A Ruta do Viño de Valdeorras transpórtanos a través da historia e da cultura vitivinícola dunha das comarcas máis singulares de Galicia.
Situada no nordeste da provincia de Ourense, Valdeorras foi, ao longo dos séculos, un referente na produción de viño, desde os tempos de Roma ata a actualidade. Desde que os romanos trouxeron consigo as primeiras cepas, a vide botou raíces profundas nestas terras e converteuse nun piar fundamental da identidade local, impregnando a historia da comarca, a vida cotiá e as súas tradicións.
Esta ruta non só invita a saborear os prestixiosos viños Godello e Mencía, senón tamén a deixarse levar polo seu rico patrimonio histórico e cultural. Quen a percorra poderá descubrir as emblemáticas covas (bodegas tradicionais escavadas na terra) e gozar de paisaxes únicas entre montañas e ríos, onde os viñedos se estenden en luminosas terrazas.
Composta por oito concellos (A Rúa, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Petín, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco e Vilamartín de Valdeorras), na Ruta do Viño de Valdeorras tradición e natureza fúndense nunha experiencia que se vive cos sentidos.
PLANIFICA A TÚA VISITA
Vive Valdeorras
Descubre experiencias únicas que te achegan á esencia de Valdeorras.
Pedalea entre viñedos, celebra no Festival Entrecovas, adéntrate en adegas centenarias e saborea cursos de cata para coñecer a alma do Godello e do Mencía. Planifica a túa visita e vive Valdeorras cos cinco sentidos.
entre viñedos
Pedalea entre viñedos, montañas e ríos polas paisaxes únicas de Valdeorras.
Festival
Entre Covas
Artes, enoturismo, música e tradición no corazón das históricas covas.
adegas
Percorre adegas emblemáticas e descobre o proceso de elaboración do viño.
As
“Covas”
Máis de 1.000 covas gardan en Valdeorras un gran valor arquitectónico e cultural.
Descubre a Ruta
do Viño de Valdeorras
Valdeorras, unha viaxe sensorial onde o viño, a cultura e a paisaxe se atopan en cada recuncho
Cultura do Viño
Descubre as nosas adegas e adéntrate na arte de crear algúns dos viños máis premiados de Galicia.
Gastronomía Local
Deleita o padal coa auténtica cociña galega, onde cada prato atopa a súa parella perfecta nos nosos viños máis exquisitos.
Calendario de actividades
Mergúllate na esencia de Valdeorras a través de experiencias que espertan os sentidos entre montañas, viñedos e ríos.
Valdeorras, unha terra que
te invita a descubrir máis
Mergúllate no corazón da Ruta do Viño. Consulta o noso mapa interactivo e accede a todos os establecementos que fan desta rexión un destino vitivinícola único.
-
Aloxamentos
-
Adegas
-
Enoteca y bares
-
Oficina de turismo e concellos
-
Restaurantes
-
Turismo activo
O último en Valdeorras
Non perdas as últimas novidades, os próximos eventos e todo o que acontece na Ruta do Viño de Valdeorras.