Baixo o nome Circuito Cultural de Orientación na Rúa Vella, esta iniciativa combina historia, orientación, viño, gastronomía e música nun percorrido por algúns dos espazos máis singulares da contorna.
A actividade permitirá descubrir os vestixios do patrimonio civil e relixioso da zona e achegarse á tradición vitivinícola de Valdeorras, cunha cata musical dentro das históricas covas aproveitando a súa acústica, características desta comarca e especialmente representativas do barrio de covas de As Pingüelas.
O Circuito Cultural de Orientación na Rúa Vella, organizado por Terras Gigurras, conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, contribuíndo á posta en valor do patrimonio cultural e vitivinícola e á promoción de experiencias turísticas singulares no territorio.
A programación estrutúrase en dúas xornadas independentes, que se poden reservar por separado ou conxuntamente para gozar dunha experiencia máis completa.
O Circuito Cultural de Orientación na Rúa Vella propón unha maneira diferente de coñecer o territorio, combinando o descubrimento do patrimonio coa tradición vitivinícola que caracteriza Valdeorras.
Ao longo do percorrido, as persoas participantes poderán achegarse á historia dos elementos patrimoniais da zona e á cultura das covas, espazos singulares que forman parte da identidade e da memoria vitivinícola da comarca.
A experiencia inclúe unha cata de viños acompañada de produtos gastronómicos da zona, así como unha proposta musical no interior das propias covas que nos brindará unha velada moi especial.
Un dos principais atractivos da actividade será a combinación entre viño e música nun espazo patrimonial único.
A cata musical contará coa participación da soprano galega Esperanza Mara, que interpretará pezas clásicas e populares, nunha proposta que busca establecer un diálogo entre a música, a cultura do viño e a arquitectura tradicional das covas.
A experiencia enolóxica estará dirixida pola enóloga Cecilia Fernández, que acompañará a degustación dos viños e achegará a súa visión profesional ao percorrido sensorial.
A proposta completarase cun acompañamento gastronómico con produtos da zona, creando unha experiencia que une patrimonio, tradición, música e sabores propios de Valdeorras que se realizará dentro das covas.
Para os menores de idade, ofrecerase unha cata de mosto de uva 100 % natural de Valdeorras, adaptando así a experiencia para que tamén poidan participar e descubrir a cultura vitivinícola da comarca.
O prezo promocional para participar nunha das actividades é de 30 € por persoa.
As persoas que desexen participar nas dúas xornadas poderán beneficiarse dunha tarifa especial de 40 € por persoa ao reservar ambas as actividades.
Dado que cada xornada conta cun aforo máximo de 30 persoas, recoméndase realizar a reserva con antelación.
🍇Asistente R.V. Valdeorras