Crea tu ruta
Eventos del mes
Octubre << Noviembre - 2017 >> Diciembre
L
M
M
J
V
S
D
  1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30   
Hoy es 19 de Noviembre de 2017
Ruta del Vino Valdeorras > D.O. Valdeorras

D.O. Valdeorras

D.O. ValdeorrasValdeorras é unha das Denominacións de Orixe máis antigas do estado recoñecida por Orde Ministerial xa no 1945. A zona de produción ocupa parte da bacía  dos ríos Sil, Xares e Bibei. Naceu para garantir a calidade dos viños da Comarca e traballar na recuperación de variedades autóctonas como a Godello e no fomento de plantacións doutras variedades como a Mencía.

Os municipios incluídos nesta D.O. son: O Barco de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco e Vilamartín de Valdeorras. Os viños máis exportados son os brancos monovarietais de Godello. Suecia, Alemaña e Reino Unido son os principais mercados dentro da Unión Europea e fóra, EE.UU. que está experimentando un importante crecemento debido á excelente valoración por parte da crítica deste país.

En Valdeorras as elaboracións máis frecuentes son viños monovarietais. Nos brancos destacan os de Godello, que se definen polo fino aroma afroitado, cor amarela palla, e boa estrutura en boca resultado de excelentes madureces. En tintos predominan os de Mencía, de cor cereixa con reflexos púrpura e elegante aroma afroitado as veces tamén florais, cun bo equilibrio alcohol-acidez, apetitosos e de retrogusto intenso e prolongado, tamén hai interesantes elaboracións nas que entran tempranillo, garnacha tintoreira tanto monovarietais como en mestura con outras e que aporta aromas de froita moi madura e excelentes acidez e volume en boca.

Vendima