Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
   1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30  
Hoxe é 16 de Novembro do 2018
Ruta do Viño Valdeorras > Patrimonio Vitivícola

Patrimonio Vitivícola

Patrimonio VitícolaOs viñedos e as formas tradicionais de plantación, as travesas, as covas, variedades, os gardaviñas, a cultura do viño, tradicións, ditos, as formas de traballar a viña, os apeiros que se axeitan a cada tipo de solo, etc. Todo isto conforma a "Paisaxe e Patrimonio Vitícola de Valdeorras" que o fai singular, a vez que nos achega as outras zonas de viño.

Desde tempos inmemoriais transmitiuse coñecemento do territorio e saber facer, adaptándose e perfeccionándose ata hoxe. O sector do viño chega á actualidade especialmente sensibilizado coa preservación deste patrimonio común que son os Viñedosespazos nos que está inserido, polo importante valor que teñen en sí mesmos, tamén por que reflicten a calidade dos seus viños mais o potencial que lles queda por descubrir.

Expresamos a nosa gratitude aos que traballaron e mimaron estas terras permitíndonos gozalas, nos comprometemos na mesma tarefa e convidamos a todos os amantes do viño, da natureza e da vida, a todos, a que coiden e transmitan este tesouro porque só nos é prestado.

Travesas