Crea a t俉 ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
     1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31      
Hoxe é 25 de Xullo do 2017
Ruta do Vi Valdeorras > Patrimonio Histórico

Patrimonio Histórico

Ponte Romana do Bibei

Por Valdeorras transcorre a "Vía Nova". Unha das principais calzadas romanas do noroeste da Península que completaba as comunicacións de Roma no territorio conquistado por Augusto.    

Esta vía comunicaba Bracara Augusta (a actual Braga en Portugal) con Asturica Augusta (Astorga), nuns 320 quilómetros e foi finalizada ao redor do ano 79 d.C. Por ela transportábase o ouro extraído das Médulas e do río Sil. O seu trazado detállase no Itinerario Antonino (século III).

Son as pontes desta época as construcións máis salientables por monumentalidade e beleza.  A "Ponte do Bibei" é das máis importantes que se conservan na Península e declarada Monumento Histórico Artístico no ano 1931. Achegarse a esta ponte desde Larouco, permite gozar da sinuosa estrada construída seguindo o antigo trazado romano.  Ten tres arcos de medio punto sobre altos piares. Os dous piares centrais son de planta rectangular. Conserva en ámbalas beiras os muros de canalización.

Outras construcións destacables son “A Ponte da Cigarrosa”, entre a Rúa e Petín, sobre o río Sil, a "Ponte da Rodeleira" en Vilamartín; a "Ponte do Córrego" entre a Vila do Castro e Vilanova, a "Ponte do Regueiral" en Rubiá e da de Éntoma.

Quedan restos de explotacións auríferas romanas coa técnica da “Ruina Montium”, similar a das Médulas, nas aldeas de Córgomo, Éntoma ou A Medua, Aras como a adicada ao Deus Baco na Igrexa de San Turxo (Millarouso) e lápidas como a de Lucio Pompeio Reburro na Rúa Vella. Entre os numerosos restos de castros de ocupación romana, destacan os de Valencia do Sil e o de Vilamartín.

O Camiño de Inverno a Santiago de Compostela entra en Galicia por Valdeorras desde O Bierzo e discorre perto do Sil entre belas paisaxes.

Iníciase no Camiño Francés en Ponferrada, evitando a dura ascensión invernal por Pedrafita. A primeira poboación importante que O Camiño cruza en Valdeorras é Sobradelo, onde salva o Sil pola Ponte Nova para continuar pola marxe dereita do río. Éntoma é a seguinte localidade antes de chegar ao Barco que é atravesado pola ben conservada Rúa Real, o concello barquense abandónase pola Pobra, a un paso do "Mosteiro de Xagoaza" e o seu magnífico entorno. Segue por Arcos, Vilamartín, San Miguel de Outeiro. Este percorrido enmarcase por varias casas grandes e arquitectura popular característica como "as covas" delatadas polas súas chemineas. Chega á "Rúa  Vella", de onde sae da comarca entre viñedos. Por Montefurado e Quiroga, o camiño entra nas Terras  de Lemos e chega a Compostela logo de viaxar pola Ribeira Sacra, Bisbarra do Deza e enlazar coa Ruta da Prata en Lalín ata que entra en Compostela.

Mosteiro de Xagoaza