Crea tu ruta
Eventos del mes
Octubre << Noviembre - 2017 >> Diciembre
L
M
M
J
V
S
D
  1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30   
Hoy es 19 de Noviembre de 2017
Ruta del Vino Valdeorras > Patrimonio Cultural

Patrimonio Cultural

O Santuario das Ermidas, no concello do Bolo, acolle unha das Semanas Santas máis arraigadas de Galicia nun belo enclave enmarcado por espectaculares viñedos. Destaca a procesión do Vía Crucis na mañá do Venres Santo, parte do singular adro do santuario e ascende pola aldea ata a "Estación da Resurrección". As pequenas capelas das estacións aloxan estatuas que recrean a Paixón de Cristo.

Santuario das Ermidas

Na Vila do Castro, no  concello do Barco, a noite do Venres Santo faise a “Procesión dos Caracois”. O percorrido aluméase con piñas ardendo e cunchas de caracol limpas e secas cheas de aceite ao que se lle pon lume. Aínda se rememora a tradicional reverencia ante a Virxe da capela do Pazo dos Flórez.
 
A Feira do Viño de Valdeorras que ten lugar en A Rúa o segundo fin se semana de agosto, pon en valor o que o viño aporta á comarca nos eidos económico, cultural e paisaxístico. É a cita para coñecer uns viños, cada vez con máis prestixio, protexidos pola Denominación de Orixe Valdeorras e a quen os elabora.

Diferentes festas gastronómicas nos achegan a cociña tradicional da zona baseada nun excelente produto debido a súa orixe nun entorno de natureza mui coidada. Témola Festa do Botelo no Barco de Valdeorras, a Festa da empanada de Costrelas na Rúa ou a da Febra en Petín.

Entre as citas populares ligadas ao viño  celébranse varias Festas das Covas. As covas son antigas adegas escavadas na terra e na rocha que soen estar agrupadas en determinadas zonas sas aldeas formando auténticos barrios. Un día no ano ábrense para o público facendo unha típica festa na que viño, comida e música animan a xornada. As Festas das Covas de Vilamartín, na Vila de O Castro no Barco, Seadur en Larouco e O Val en Rubiá son as de máis sona.Patrimonio Cultural

No campo, o sendeirismo recupera antigos camiños. Avanzando polos sendeiros podemos imaxinar os carros dos arrieiros avanzando por estreitos camiños, levando gando, viño e outros produtos dunha aldea a outra, feirantes vendendo e comprando e os peregrinos camiñantes de antano.

Unha zona rural como Valdeorras apreciase na súa verdadeira dimensión camiñando. Ademais das Rutas nos parques Naturais e espazos protexidos, existen percorridos sinalados que permiten un íntimo contacto coa cultura da zona. Uns minutos de conversa cos agricultores e outros camiñantes do lugar descubriranos o máis interesante de cada entorno ben máis aló das guías. Atendendo a un mínimo sentido común, esta é una zona segura onde si vemos castiñeiros ou viñas haberá una casa preto, una estrada por pequena que sexa, sempre leva a unha aldea e a maioría dos camiños de terra son perfectamente practicables.    

O Descenso do Sil entre Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e O Barco é unha proba piragüista internacional disputada a metade de setembro. Reúne a centos de participantes. Iníciase no malecón, xunto a ponte e a estación, desde alí sae un tren que percorre a marxe do río Sil para seguir a carreira.