Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
    1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
Hoxe é 15 de Novembro do 2019
Actividades destacadas
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > Piquiño Restaurant....

Piquiño Restaurante e Il Piacere recollen os premios do I Concurso de Maridanza

Organizado pola Asociación Empresarial de Valdeorras, coa colaboración da Asociación Centro Comercial Aberto O Barco, o Consello Regulador da  DO Valdeorras e a Asociación Ruta do viño de Valdeorras, este concurso naceu co obxectivo de fomentar o coñecemento do sector vitivinícola entre o público, relaccionándolo, ao mesmo tempo, coa gastronomía local, así como o de introducir aos restauradores nas técnicas e coñecemento da maridaxe.

IMG-20190322-WA0002 (1)_opt.jpg

O concurso levouse a cabo entre os días 28 de febreiro e 9 de marzo. Durante estes 10 días, os comensais que acudiron a calquera dos 8 restaurantes participantes, puideron degustar os diferentes menús e os maridaxe proposta polos hostaleiros.

Un xurado profesional, composto por 6 integrantes, fué o encargado de valorar as maridaxes propostas e de elixir aos dous gañadores. Este xurado destacou o alto nivel apreciado en todos os establecementos, valorando moi positivamente as propostas de todos eles.

Este concurso tivo gran difusión, tanto nos medios de comunicación como nas redes sociais, feito que favorecerá o aumento da participación en futuras edicións.

Os gañadores do concurso recibiron trofeo, diploma e unha caixa do viño que utilizaron nas súas maridaxes. O resto de restaurantes participantes recibiu un diploma pola súa participación.

O premio á mellor maridaxe con viño branco da DO Valdeorras correspondeu a Piquiño Restaurante polos seus Bolos de vento de bacallau con coiras harmonizado con Godello sobre leas Pedrazais da adega Alan de Val.

O premio á mellor maridaxe con viño tinto da DO Valdeorras correspondeu a Il Piacere Gastrobar polos seus Canutillos de cecina con foie e confeitura harmonizado con Mencía barrica Cóbados de Larouco da adega Viña Costeira.

 22-03-2019
Compartir en