Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
     1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
      
Hoxe é 19 de Xuo do 2019
Actividades destacadas
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > O I Concurso de Mar....

O I Concurso de Maridanza do Entroido finaliza coa visita do xurado profesional

O pasado sábado, 9 de marzo, dábanse por finalizadas as XX Xornadas Gastronómicas do Entroido e con elas o I Concurso de Maridanza organizado pola Asociación Empresarial de Valdeorras e a Asociación Centro Comercial Aberto do Barco.

O xurado, composto por profesionais vinculados ao mundo do viño, percorreu, ao longo de toda a xornada, os 8 restaurantes que participaban nesta primeira edición do concurso.

Cartafol en man, os 6 compoñentes do xurado, foron catando as maridaxes e tomando boa nota deles para, despois, poder emitir o seu voto final.

Il Piacere Gastrobar e Piquiño Restaurante foron, finalmente, os gañadores, pola súa maridaxes con viños tinto e branco da DO Valdeorras.

Imagen - Ganadores Concurso_opt.png
O xurado formárono:

Mercedes González, catador, directora técnica de revístaa Viños e Cultura, presidenta da asociación Vitilucus

María Bueno Seguín, de Galicia en Viños do Faro de Vigo

Carmen Fernández, de Vinetur, A Catro Mans, Clúster de Turismo e representante en Galicia da Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño

Jesús Rodríguez Carreirras, da Escola de Hostalería de Lugo IES Sanxillao

Elisa Pérez González, enóloga, da consultoría Cecilia Fernández

José Luis Casas Vallés, enólogo e membro do Comité de Cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras
Imagen - Resultado Concurso_opt.png

 11-03-2019
Compartir en