Crea a tú ruta
Eventos do mes
Xaneiro << Febreiro - 2019 >> Marzo
L
M
M
X
V
S
D
    1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28   
Hoxe é 19 de Febreiro do 2019
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > A Ruta do Viño de V....

A Ruta do Viño de Valdeorras promocionarase en Fitur 2019

Con motivo da celebración da Feira Internacional de Turismo, Fitur, que este ano cumpre a súa 39ª edición, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras trasládase a Madrid para participar no primeiro encontro de profesionais do turismo que se celebra este 2019.

O presidente desta entidade valdeorresa, Joaquín Sánchez, xa está en Madrid para asistir ás xornadas dirixidas a profesionais que organiza a Consellería de Cultura e Turismo e que, baixo o título “Paseando entre Viñedos: Enoturismo En Galicia”, terán lugar o día 23 de xaneiro no Stand de Galicia en Fitur 2019.

Deste xeito a Ruta do Viño de Valdeorras acude a Fitur, xunto coas demais Rutas do Viño de Galicia, ao abeiro da Axencia Galega de Turismo e do Clúster de Turismo de Galicia, con quen compartirá stand no recinto feiral. “Para promocionar a Ruta entre los visitantes elaborouse un folleto ilustrado con fotos, no que tamén se inserta un mapa ubicando a comarca e a relación de establecimientos e institucións integrados na Asociación Ruta do Viño de Valdeorras”, tal e como indican dende esta entidade, que tamén fai un chamamento ás empresas relacionadas co enoturismo para que se adhiran á Ruta.

Fonte: Periódico O Sil

 22-01-2019
Compartir en