Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31   
Hoxe é 20 de Xaneiro do 2019
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > Valdeorras, a D.O. g....

Valdeorras, a D.O. galega con máis porcentaxe de “Grandes Ouros” na “Guía dos Viños de Galicia 2019”

O seu coordinador, Luis Paadín, vén de presentar a nova edición desta guía na sede do consello regulador valdeorrés

Entre as 400 páxinas e máis de mil fichas de cata da “Guía de Vinos, Destilados y bodegas de Galicia 2019” (Paadín Eventos, SL), que vén de saír á rúa, cobran protagonismo as referencias valdeorresas. “Nesta edición aumentamos nun 20% o número de viños de Valdeorras e contamos cos das dúas cooperativas. Sentímonos extremadamente respaldados”, aseguraba o seu coordinador, Luis Paadín, na presentación desta guía, celebrada na mañá do 14 de decembro na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín.

Neste acto, estaba acompañado polo presidente desta denominación, José Luis García Pando, quen valorou o traballo realizado na guía e a súa “seriedade”, así como “o feito de que non teña publicidade, a diferenza doutras”. Tamén agradeceu o detalle de que cada ano “teñan a consideración de vir a presentala á nosa denominación”.

No decurso da súa intervención, Luis Paadín explicaba os contidos desta guía que achega máis de mil fichas de cata de viños de toda Galicia e que incrementa o número de viños catados con respecto á edición anterior. Ademais distingue, en función das mellores puntuacións (entre 100 e 92 puntos con grandes ouros, 91-85 punts ouro e 84-80 puntos prata) a unha serie de viños, entre os que figuran uns 121 viños (19 Gran Ouro, 70 Ouro e 32 Pratas) de 34 adegas de Valdeorras, que é ademais a denominación galega que rexistra unha maior porcentaxe de “Grandes Ouros”. “En Galicia levamos 2.000 anos de historia do viño e Valdeorras é unha das comarcas con máis tradición e a primeira desta última etapa que empezou a facer os deberes antes que os demais”, resaltaba Paadín. Ademais incidía na “profundidade” dos viños valdeorreses e a capacidade desta zona para “meter a súa paisaxe dentro dunha botella”.

As notas de cata desta guía son o resultado duns 25 paneis de cata, coa participación de 47 catadores. Nas súas páxinas tamén se achega información sobre solos con xenuínos mapas edáficos, climáticos e pluviométricos (de varios anos) de cada D.O., “o cal é moi significativo para comprender a natureza de cada un dos viños e a diversidade das colleitas”, matiza Alejandro Paadín, co-redactor da guía, tamén presente no acto xunto a Javier Paadín, xestor documental da obra.

Máis información aqui

 14-12-2018
Compartir en