Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
     1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31      
Hoxe é 10 de Decembro do 2018
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > A Ruta do viño de....

A Ruta do viño de Valdeorras, novo colaborador na campaña de Nadal que organizan AEVA e CCA O Barco

“Lanzar unha mensaxe de unión empresarial aos usuarios e clientes de Valdeorras, dunha  maneira amable e próximo  aproveitando as datas do Nadal” é un dos obxectivos que persegue esta actividade de promoción,  así como “poñer en valor uno dos alicerces económicos e culturais de Valdeorras, o noso viño”, sinalaba a  presindenta de  AEVA, Araceli Fernández do Palacio, durante a presentación

Durante este Nadal os establecementos asociados do Centro Comercial Aberto e AEVA estarán decorados con árbores feitas con cortizas de botellas de viño e botellas de viño reutilizadas, adornadas con guirnaldas. Deste xeito, os negocios darán visibilidade á campaña, ao mesmo tempo que mostrarán a súa implicación coa industria vitivinícola e co enoturismo.

rueda-prensa-2_opt.jpg

Nas actividades programadas pretendeuse implicar tanto aos particulares como a empresarios da comarca, coa intención de “Apostar pola unión, por xuntarnos para ser máis fortes e mellores”

Jose Luís Pando, presidente do CRDO Valdeorras, quixo agradecer á Asociación Empresarial de Valdeorras e o Centro Comercial O Barco Aberto que, un ano máis, contásese coa súa colaboración, poñendo en valor o sector vitivinícola.

Do mesmo xeito, Joaquín Sánchez, presidente da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, valorou positivamente a sinerxia que se está creando entre as diferentes asociacións, xa que “nesta unión é onde está o camiño”

 05-12-2018
Compartir en