Crea a tú ruta
Eventos do mes
Agosto << Setembro - 2018 >> Outubro
L
M
M
X
V
S
D
     1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
      
Hoxe é 20 de Setembro do 2018
Ruta do Viño Valdeorras > Novas > Os viños de Valdeor....

Os viños de Valdeorras conquistan A Coruña cun showroom e a presentación dunha obra artístico-literaria

Unha iniciativa promocional do Consello Regulador da DO Valdeorras levou ata a cidade da Coruña a 20 adegas da comarca que participaron nun showroom no cal os visitantes tiveron a oportunidade de degustar diferentes marcas de viños das mesmas.

Durante a rolda de prensa da presentación da DO, o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quixo destacar a calidade dos viños brancos e tintos valdeorreses.

A mesma rolda de prensa serviu para presentar a obra artístico-literaria do ilustrador Miguelanxo Prado. O libro, titulado "Valdeorras", trata de realizar un percorrido pola comarca en forma de caderno literario. Esta obra comezou a xestarse no ano 2014 e para iso o autor tivo que realizar unha viaxe de dúas etapas a Valdeorras que lle permitiu descubrir a fondo a DO.

Ao finalizar a rolda de prensa o máximo responsable do Consello Regulador convidou a todos os coruñeses e coruñesas a que se achegasen o fin de semana do 14 e 15 de xullo ata o Barco de Valdeorras, onde se celebrará unha nova edición da Feira do Viño da comarca, na que máis de 20 adegas terán unha caseta propia e no que darán mellor a coñecer os seus viños.

A Ruta do Viño de Valdeorras tamén contará cunha caseta propia no que pretendemos facer visible o labor desta asociación e dar a coñecer todos os asociados que, ata o día de hoxe, compóñena.

Presentacion-Caderno-de-Viaxe.jpg

 03-07-2018
Compartir en