L | M | M | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
As adegas soterradas onde tradicionalmente se elaboraba e conservaba o viño en casi toda a bisbarra, denomínanselle "Covas". Hai auténticos barrios delas, como aldeas de conto delatadas polas curiosas chemineas chamadas refugallo que serven para regular a humidade. Soen atoparse agrupadas no alto das aldeas ou onde as ladeiras se fan máis pendentes.
As adegas son un espazo de convivencia e hospitalidade, de conversa mentras se proba o viño. No fin da xornada ó recollerse á noite, sempre haberá algunha cova na que te han enredar para "botar un vaso" e que fan divertida e entrañable a volta a casa.
No concello de A Rúa temos boas covas no casco vello “Rúa Vella”, barrios de Vilela e de Fontei, e Somoza, destacan as do barrio de A Coroa onde atopamos varias das covas mellor conservadas e visitables por pertencer a adegas asociadas a Ruta do Viño de Valdeorras.
En Vilamartín: na cabeceira do concello, en Arcos, Valencia do Sil, San Miguel de Outeiro...
En Larouco: en Seadur, o barrio de adegas acondicionouse armónicamente, valorizando un espazo que sinala o camiño da recuperación destes entornos.
A Rúa: A Coroa, Fontei, Somoza...
O Barco de Valdeorras: en O Castro temos outro barrio moi coidado.
En Petín: Carballal.
Varias festas nestes espazos, amosan a tradición vinícola de Valdeorras, a súa hospitalidade e bo humor. Son unha excelente ocasión de visitar os barrios de Covas e mesmo entrar nelas.
Por prezos accesibles ofrécense viños artesanais, complementos gastronómicos, doces... nas covas abertas ao público.