O casco antigo ten como protagonistas o río Sil e o antigo Camiño Real que remata na Praza Maior, nesta quedan restos do antigo embarcadoiro. Atópase unha simbiose entre vivendas tradicionais e edificacións con escudos familiares. Doutro lado do río atopámolo popular barrio de Viloira presidido pola casa Grande e o seu romántico xardín.