Crea a tú ruta
Eventos do mes
Agosto << Setembro - 2019 >> Outubro
L
M
M
X
V
S
D
      1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30      
Hoxe é 22 de Setembro do 2019
Actividades destacadas

Pontes de Valdeorras - Comarca de Valdeorras

Son as pontes as construcións da época romana máis salientables por monumentalidade e beleza. A "Ponte do Bibei" é das máis importantes que se conservan na Península e foi declarada Monumento Histórico Artístico no ano 1931. Achegarse a esta ponte desde Larouco, permite gozar da sinuosa estrada construída seguindo o antigo trazado romano. Ten tres arcos de medio punto sobre altos piares. Os dous piares centrais son de planta rectangular. Conserva en ámbalas beiras os muros de canalización.

Outras construcións destacables son “A Ponte da Cigarrosa”, entre a Rúa e Petín, sobre o río Sil, a "Ponte da Rodeleira" en Vilamartín; a "Ponte do Córrego" entre a Vila do Castro e Vilanova, a "Ponte do Regueiral" en Rubiá e a de Éntoma.

 
Compartir en