Crea a tú ruta
Eventos do mes
L
M
M
X
V
S
D
 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31   
Hoxe é 14 de Outubro do 2019
Actividades destacadas

Castelo do Bolo - O Bolo

No alto da pequena e pintoresca vila de O Bolo, atopamos o seu Castelo e apreciamos boas mostras da arquitectura popular como varias casas grandes. A primeira construción do castelo data do século XII, conta cunha torre dominando a contorna. Sufriu danos nas revoltas dos Irmandiños e reconstruíuse no século XV. Rehabilitada hai uns anos, alén da torre atopamos restos da muralla interior e exterior, o patio de armas e o alxibe. Está aberto ao público e alberga un pequeno museo. Paga a pena subir ata a espadana da igrexa, admirar a paisaxe e descubrir porque os boleses teñen un dito que di que “O lobo nunca baixou o Bolo” que se pode dicir do revés “O Bolo nunca baixou o lobo”.

 
Compartir en